O Consello da Cultura Galega colabora na celebración do Any Llull en Santiago
O Any Llull conmemora o 700 aniversario da morte do escritor e pensador catalán Ramón Llull.
// www.anyllull.cat
O Consello da Cultura Galega (CCG) colabora na conmemoración do Any Llull en Santiago de Compostela cunha xornada de análise e debate sobre a figura do escritor e pensador catalán Ramón Llull, organizada pola área de Filoloxía Catalá da USC.
Esta actividade, que se enmarca dentro das liñas de colaboración co Institut Ramón Llull, forma parte dun amplo programa de actos enmarcados no Any Llull, que conmemora o 700 aniversario da morte do creador do 'Llibre d'amic e amat'.
A xornada inaugurarase este xoves ás 16.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, coa participación do coordinador da Sección de Ciencia do CCG, Francisco Díaz-Ferros. Posteriormente, contará coa conferencia inaugural de Joan Santanach, comisario do Any Llull.
A continuación, Josep Lluís Martos disertará sobre 'Llull e a conversión dos infieis: cabaleiros e clérigos'; mentres que Andratx Badía, Miguel Álvarez Soaje, Martín González Fernández e Fernando Domínguez Reboiras abordarán a presenza de Ramón Llull na erudición e a investigación galegas.
Escribe tu comentario