​A Xunta amplía a todo o territorio galego o selo 'Pataca de Galicia'

Ata o momento, este selo só permitía o cultivo e envasado de patacas en catro subzonas de produción --Bergantiños (A Coruña), A Mariña (Lugo), Lemos (Lugo) e A Limia (Ourense)--.


|

Patacasnovas

A Xunta ampliou a todo o territorio galego a produción da "indicación xeográfica protexida (IXP) Pataca de Galicia", segundo publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG).


Deste xeito, o Goberno galego atende a petición do Consello Regulador da Pataca de Galicia de estender a produción deste tubérculo a toda a Comunidade. Ata o momento, este selo só permitía o cultivo e envasado de patacas en catro subzonas de produción --Bergantiños (A Coruña), A Mariña (Lugo), Lemos (Lugo) e A Limia (Ourense)--.


Así mesmo, a actuación tamén fai que as variedades 'Agre' e 'Fina Carballo' poidan obter a certificación de calidade da 'IXP' que, ata o momento, estaba limitada á 'Kennebec'.


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, tras ser adoptada esta resolución, o expediente será remitido á Comisión Europea para continuar coa tramitación, que culminaría coa inscrición no rexistro comunitario do novo prego de condicións.


O selo 'Pataca de Galicia' facturou o ano pasado "3,4 millóns de euros ao comercializar 4,2 toneladas deste produto", segundo os datos rexistrados polo seu Consello Regulador, no que están inscritos 65 produtores e nove almacenistas, que traballan nun total de 193,15 hectáreas.


Así as cousas, estes cambios buscan "impulsar" o sector da pataca galega e "reforzar" a comercialización deste produto nos mercados do conxunto do Estado.

relacionada ​O Corte Inglés servirá en todos os seus restaurantes ovos de Coren
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE