Gas Natural Fenosa inaugura exposición no seu Museo de Arte Contemporánea
Inaugura a '14ª Mostra de Arte', con 50 obras seleccionadas entre as máis de 600 recibidas, das que 17 son de artistas galegos.
O MAC Gas Natural Fenosa. //Foto: web do museo
O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) inaugura este xoves, a exposición colectiva '14ª Mostra de Arte', que estará aberta ao público ata o 4 de decembro. Das máis de 600 propostas recibidas durante a convocatoria, o xurado do certame de arte seleccionou 50 obras, das que 17 son de artistas galegos ou residentes en Galicia.
En concreto, segundo informa a organización, o certame bienal de arte contemporánea recibiu, nesta edición, un total de 639 propostas de artistas españois ou afincados en España, deles 156 de artistas galegos.
O certame premia tres obras que pasan a formar parte da Colección de Arte Contemporánea Español de Gas Natural Fenosa. Dentro da Mostra, o Concello da Coruña convoca, ademais, o Premio Julián Trincado á mellor obra de autor galego.
Nun comunicado, o MAC subliña que a exposición permite comprobar "como os artistas visuais do noso país exploran as súas inquietudes máis íntimas a través das posicións estéticas máis actuais".
Finalmente, premiaron "as conmovedoras historias de Núria Güell, a reconstrución de arquitecturas inexistentes de Emilio Pemjean, a estética rueira aparentemente descoidada de Fernando Renes e o concepto de pintura desbordada de Teo Soriano", subliña a organización no seu comunicado.
Escribe tu comentario