Aparece en Lugo o mozo de Narón desaparecido o xoves
Roberto Carlos Folla foi localizado no hospital Lucus Augusti. Trasladábase en bus a León para ingresar nun centro.
Roberto Carlos Folla, o mozo de Narón de 33 anos desaparecido desde o pasado xoves foi localizado en bo estado de saúde en Lugo, segundo a Policía Nacional da cidade.
En concreto, atopábase no hospital universitario Lucus Augusti (Hula). O cartel distribuido pola Garda Civil o domingo xa avisaba de que é unha persoa que necesita medicación. O mozo volveu xa voluntariamente coa nai.
Os seus achegados estaban preocupados por el, xa que sofre unha enfermidade psiquiátrica e precisa medicación. De feito a viaxe que iniciara camiño de León tiña como obxectivo ingresar nun centro de rehabilitación.
Escribe tu comentario