Rivera arroupa na Coruña á súa candidata á Xunta
Algunhas enquisas dan a Ciudadanos posibilidades de conseguir representación no Parlmento tras o 25S.
O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, viaxa este domingo á cidade da Coruña para arroupar a candidata da súa formación á Presidencia da Xunta, Cristina Losada.
Confirmárono a Europa Press fontes do partido laranxa, que concretaron que o acto deste domingo arrinca ás 12,00 horas.
No acto, ademais de Albert Rivera e Cristina Losada, estará o secretario xeral de C's, Matías Alonso. Algunhas enquisas dan a Ciudadanos posibilidades de conseguir representación no Parlmento tras o 25S.
Escribe tu comentario