#Claves de la semana

​UGT achaca o aumento do paro en España á "fraxilidade do emprego"

Esixen que se derroguen as reformas laborais impostas desde 2010, en especial a de 2012, pois considera que "van precarizando mes a mes o mercado laboral e deteriorando os ingresos da Seguridade Social".


|


Paro 2


A Unión Xeral de Traballadores (UGT) asegurou que o aumento do paro en 14.435 persoas en agosto pon de manifesto "as deficiencias estruturais do modelo produtivo e a fraxilidade do emprego" en España. Por iso, reclama un plan de choque para mellorar a empregabilidade e lograr a inserción permanente dos parados, así como derrogar as reformas laborais de 2010 e 2012.


Tras cinco meses consecutivos á baixa, as cifras de paro publicadas este venres polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social constataron un aumento respecto ao mes anterior, aínda que menor que o que se rexistrou no mesmo mes do ano anterior.


O sindicato considera que esta subida reflicte o anticipo do fin da tempada de vacacións e o predominio de contratos temporais ou a tempo parcial, polo que pide que se poña en marcha un "plan de choque" con recursos adicionais.


CONTRATACIÓN INDEFINIDA


En vista da redución da contratación indefinida nun 23,5% o pasado mes, esixe que se derroguen as reformas laborais impostas desde 2010, en especial a de 2012, pois considera que "van precarizando mes a mes o mercado laboral e deteriorando os ingresos da Seguridade Social".


Tamén reclama que se reforcen as prestacións por desemprego, nun contexto no que a taxa de cobertura caeu 25 puntos desde 2010, ata situarse no 57,6% no mes de Xullo segundo datos publicados hoxe por o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. 


Ademais, propón potenciar as políticas activas de emprego desde o público, xa que estas "non poden estar orientadas a subvencionar ao sector privado", segundo sinalou nun comunicado.




relacionada ​O paro baixa en Galicia fronte ao incremento no conxunto estatal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE