Lucas Pérez volverá para se despedir do deportivismo
O adeus estaba previsto para o mediodía deste luns, pero a comparecencia foi cancelada cando a súa marcha aínda non se confirmou de xeito oficial desde o club.
A marcha de Lucas Pérez ao Arsenal non é un segredo, pero segue se ser confirmada de forma oficial polo Dépor. Así, que, toca agardar polo adeus oficial do xogador que tanto ilusionou á afición deportivista.
Estaba previsto que este mediodía comparecese en rolda de prensa para se despedir antes de viaxar rumbo a Inglaterra, pois Arsene Wenger xa o chamou para os próximos adestramentos co equipo 'gunner'. Por "motivos organizativos e de axenda", esta comparecencia foi cancelada, tal e como apuntan distintos medios, que vaticinan que o xogador volverá nos últimos días da semana.
De todas formas, é de agardar que Lucas Pérez, ídolo do deportivismo, non evitará as explicacións nin a despedida.
Escribe tu comentario