#Claves de la semana

Sétima xornada na procura de Diana Quer

Os investigadores non dan por pechada ningunha das hipóteses baralladas. Os labores de busca aínda non deron froitos.



|


Hermanasquer


Hoxe é o sétimo día desde que a familia de Diana denunciara a desaparición da moza de 18 anos á que se lle perdeu a pista cando volvía das festas do Carme dos Pincheiros, na Pobra do Caramiñal. O dispositivo de búsqueda continúa despregado este domingo co obxectivo de descubrir algún indicio que permita determinar qué lle pasou á moza.


As batidas polas inmediacións da vivenda onde veraneaba a familia reforzáronse o xoves en busca dalgunha pista que puidera conducir ó paradeiro da moza, aínda que todo apunta, segundo o alcalde do municipio, a que Diana Quer se atopa fóra da Pobra. Así o afirman diferentes medios tras conversacións con Xosé Lois Piñeiro, o rexedor municipal.


A hipótese que hai dous días cobraba forza e que apuntaba a que a desaparición de Diana podería ter relación coa contorna dos feirantes enfríase e empeza a cobrar peso unha nova liña de investigación que nunca foi descartada, que é que a moza madrileña puido ter marchado pola súa propia vontade. Segundo apuntan varios medios a causa podería ser unha discusión familiar á que Diana fixo alusión entre os seus círculos de amizades.


A segunda hipótese, defendida pola familia de Diana desde o comezo das investigacións é que a Diana puidera estar “retida en contra da súa vontade” e o pai da moza reiterou en varias ocasións que a súa filla podería estar en "calquera sitio", polo que o radio de investigación non se limitaba unicamente a Galicia senon ao conxunto do estado.


A mensaxe de whatsapp enviada por Diana a un amigo a noite da desaparición na que facía referencia a que se sentía medosa polas apelacións dos feirantes cae en importancia na investigación. O Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, pedía onte que non se criminalizase a ningún sector, despois de que outras mozas da localidade declararan ter vivido semellantes situacións ás que reproducía Diana na conversa.


Finalmente e tras varios interrogatorios non frutíferos, enfríase a hipótese de que a desaparición poida estar relacionada cun caso de acoso, aínda que os investigadores insisten que “todas as hipóteses continúan abertas”.

relacionada ​Sexto día sen noticias de Diana Quer
relacionada ​Villanueva pide non criminilizar a ningún colectivo na desaparición de Diana Quer
relacionada El último whatsApp de la joven desaparecida: "Morena, ven aquí"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE