Detido o presunto autor de tres incendios forestais en Covelo
Na actual campaña contrainciendios, a Policía Autonómica investigou ou detivo a 43 persoas pola súa suposta relación con lumes forestais.
Axentes da Policía Autonómica de Vigo informaron da detención dun home como presunto autor de tres incendios forestais intencionados ocorridos en Covelo.
Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, os lumes que se lle atribúen ocorreron entre os días 9 e 10 de agosto na parroquia de Piñeiro e afectaron a unha superficie estimada de cinco hectáreas de monte. Ademais, puxeron en perigo vivendas próximas.
Polos feitos instruíronse dilixencias, que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 1 de Ponteareas. Na actual campaña contrainciendios, a Policía Autonómica investigou ou detivo a 43 persoas pola súa suposta relación con lumes forestais.
Escribe tu comentario