As pistas forestais, imaxe da política de prevención de lumes
Os axentes forestais denuncian o estado no que se atopan as pistas polas que se teñen que meter en plena camapaña de lumes.
Estado dunha pista forestal en plena campaña de incendios.
Un dos refráns populares que máis se segue a escoitar afirma aquilo de "unha imaxe vale máis ca mil palabras". Ducias de imaxes e miles de palabras encheron no que vai de verán as páxinas dos xornais, tamén os da Intenet, para informar da vaga incendiaria que encheu de fume boa parte do ceo galego. A foto que encabeza este texto data do domingo e ilustra o estado dos nosos montes durante esta campaña. Compartiuna na rede social Twitter APRAFOGA, a Asociación profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galiza.
En Galicia entramos a apagar lumes por pistas nestas condicións,con estas máquinas...menos recursos en prevención! pic.twitter.com/l4BANPBxtc
— Aprafoga (@APRAFOGA) 14 de agosto de 2016
Coa imaxe, denuncian, como veñen facendo distintos corpos que loitan contra os incendios forestais, a falta de políticas forestais que incidan na prevención e as deficiencias materiais que afectan ao seu labor.
Non é a súa primeira 'fotodenuncia', pero é especialmente ilustrativa do estado do monte.
Escribe tu comentario