María Vilas, en boa compaña
A nadadora ribeiresa protagoniza unha foto con Michael Phelps nun traxecto en autobús en Río.
Din que todo se pega. Se é certo, a progresión de María Vilas na piscina pode ser moi sonada a partir de hoxe. A nadadora ribeiresa compartiu na rede social twitter unha foto co norteamericano Michael Phelps, máximo medallista da historia dos Xogos.
Estas cosas solo pasan en los Juegos Olímpicos: María compartiendo asiento con Phelps #fisiolimpicos #Rio2016 pic.twitter.com/ZUq2ElS8Uw
— Monica Solana (@MonicaSolana_T) 9 de agosto de 2016
A fotografía tirouna a 'fisio' de María Vilas nun traxecto en autobús. Uns asentos máis atrás, tamén saúda á cámara Mireia Belmonte.
Outro galego protagonista nos Xogos de Río, o arqueiro Miguel Alvariño comeza hoxe a súa competición individual contra o francés Lucas Daniel, despois da eliminiación do combinado español.
Escribe tu comentario