Extinguido o incendio forestal de Arbo
O lume, que se rexistrou na parroquia que dá nome ao concello e chegou a ameazar varias vivendas, arrasou unhas 110 hectáreas.
Pouco antes das 8 e media da mañá quedou controlado o incendio forestal que se declarou na madrugada do martes no concello pontevedrés de Arbo, concretamente, na parroquia que dá nome ao municipio.
Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada sitúase sobre as 110 hectáreas, das cales 75 son de monte arborado e as 35 restantes de raso.
Os medios mobilizados incrementáronse durante o día, e na súa extinción traballaron en total 1 técnico, 9 axentes, 25 brigadas, 11 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén tiveron que acudir bombeiros de Ponteareas e de Portugal.
Un bombeiro forestal que trabalou na extición subiu á súa conta de Facebook (@Yoskan Yoska Yos) un vídeo da primeira liña de loita contra as chamas.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, confirmou que o lume estivo preto das casas e chegou a ameazar 12 vivendas, das que dúas estiveron "en serio perigo".
Escribe tu comentario