Finalmente, haberá derbi galego en Uruguai
O xoves enfrontaranse os dous equipos galegos nun torneo que cambia o seu formato para evitar o enfrontamento entre Nacional e Peñarol.
Celta e Dépor viaxaron esta noite a Uruguai para se enfrontar nun derbi histórico. Os dous equipos galegos viaxaron sen saber realmente se poderían xogar, despois da suspensión do torneo cuadrangular decidida polos clubs anfitrións, debido ao medo pola seguridade nos estadios.
Haberá derbi en Montevideo, pero só derbi galego. Nas últimas horas unha delegación saída desde España negociou os últimos detalles do torneo, que evita o enfrontamento entre Peñarol e Nacional. Así, o xoves disputarase o Celta-Deportivo, o sábado medirase o Celta co Nacional e o domingo, o Dépor co Peñarol. Os tres partidos se poderán ver por televisión desde Galicia.
Escribe tu comentario