#Claves de la semana

A confluencia mantén a marca 'En Marea'

Martiño Noriega afirma que "está moi consolidada" e que hai "consenso amplo" ao redor do nome que levarán ás eleccións autonómicas.


|

Noriegaalcaldesantiagoconcello

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, subliñou que existe "un consenso amplo" de que a "marca En Marea está consolidada" e que "vai ser a marca coa que se vaia ás eleccións autonómicas", á marxe de que "outra cousa é que se importen metodoloxías das mareas municipalistas e liñas programáticas para o debate", como son as do espazo político de Mareas en Común.


"Pero a marca En Marea está moi consolidada e a xente sabe que é un proceso plural e non de pensamento único, e, neste sentido, non vai haber ningún tipo de problema", remarcou o rexedor da candidatura de confluencia Compostela Aberta, quen destacou como positivo a resposta que recibiu de partidos políticos e da propia asemblea de Mareas en Común.


En canto aos prazos, despois de que Noriega marcase agosto para ter encamiñado o proceso e de que o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, evitase fixalos, o alcalde de Santiago indicou que "todos son conscientes de que os tempos son moi limitados" e, nese sentido, afirmou que "hai unha vontade de poñer en marcha o proceso na súa fase final".


"Máis aló das opinións persoais, co que quedo da fin de semana é o retorno das organizacións políticas e do espazo de Mareas en Común" ás propostas dos alcaldes (o manifesto dos rexedores de Ferrol, A Coruña e Santiago), dixo, antes de asegurar que "verdadeiramente se comparte esta folla de ruta para poder ter unha cronoloxía, un programa e un procedemento para elixir o candidato".


Preguntado por se teme contradicións, descartouno. "Non porque, tal e como vai camiñando o calendario, pouca marxe queda para que existan contradicións. Estamos abocados a ser operativos e resolutivos, a poder compatibilizar os procesos das mareas", sentenciou.

relacionada Noriega aboga por fijar "cuanto antes" el proyecto de confluencia para las gallegas
relacionada ​Os tres alcaldes das mareas achandan o camiño da confluencia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE