A xustiza de Noruega acepta a demanda dos mariñeiros galegos
Os traballadores do mar xubilados, agrupados na asociación Long Hope, loitan por que lles recoñezan os anos traballados no país nórdico.
Os tribunais de xustiza de Noruega veñen de aceptar a demanda dos mariñeiros galegos xubilados, agrupados na asociación Long Hope, que reclaman que o Estado noruegués lles recoñeza os anos traballados. Así o recolle un comunicado de Alternativa Galega de Esquerda, que esixe agora ao Goberno español "que negocie directamente con Noruega para evitar dilacións de anos no proceso".
O deputado Juan Fajardo celebra "a primeira vitoria nunha longa guerra" dos mariñeiros xubilados "malia os atrancos do Executivo noruegués e a falta de apoio da Xunta". Segundo Fajardo, a apertura xudicial no país do norte demostra que "había argumentos abondos" e abre a porta a presentar demanda no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
Escribe tu comentario