Un 'plan PIVE' para cociñas e baños
Co fin de impulsar a eficiencia enerxética e sectores vinculados á construción, o programa de axudas 'Reforma 16' pode rebaixar ata un 40% a renovación.
O presidente da Xunta anunciou a posta en marcha do programa 'Reforma 16', que permitirá aforrar a uns 5.000 fogares galegos ata o 40 por cento da renovación do equipamento das súas cociñas e baños.
Segundo explicou ao termo do Consello da Xunta, o seu Executivo activará un paquete de axudas co que pretende apoiar ás familias no acondicionamento das súas vivendas, promover a eficiencia enerxética e impulsar sectores estratéxicos vinculados ao sector da construción, da reforma e a rehabilitación.
Así, 'Reforma 16' incentivará a renovación de todo tipo de equipamentos de cociña e baño, excepto electrodomésticos, incluíndo o mobiliario, os materiais de construción e os elementos de fontanería. Estará dotado con case 3 millóns de euros e, segundo os cálculos da Xunta, xerará investimentos por valor de 30 millóns de euros -14 millóns en vendas directas de material e 16, en actividade de instalación e execución das obras-.
Feijóo explicou que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) financiará ata o 20 por cento da compra realizada polos cidadáns, cun límite de entre 200 e 1.000 euros por persoa e domicilio particular, e a entidade colaboradora realizará un desconto equivalente, co que a rebaixa global aproximarase ao 40 por cento.
Escribe tu comentario