#Claves de la semana

​Darío Campos reestrutura o executivo provincial trala saída dos edís do BNG

O presidente da Deputación de Lugo, explica este venres como queda o goberno lugués. A volta de Manuel Martínez ao PSOE decidiraa a dirección federal do partido.



|

DariocamposDiputacioLugo


O portavoz socialista na Deputación de Lugo, Álvaro Santos, asegurou que o presidente, Darío Campos, fará público este venres a novo organigrama do goberno provincial tras a saída do BNG.


Os dous deputados nacionalistas, que levaban a vicepresidencia e cultura e deportes, renunciaron esta semana ao acordo de goberno tras denunciar que os orzamentos provinciais se negociaron ás súas "costas" co PP e o deputado non adscrito e alcalde de Becerreá Manuel Martínez.


Así as cousas, Santos anticipou que o venres "o presidente da deputación dará conta e anunciará como quedará a reestruturación do goberno", así como "o primeiro impacto que vai ter a aprobación do orzamento" nos concellos e na provincia de Lugo.


Sobre o regreso de Martínez ás filas socialistas, Santos aferrouse a que "nada ten que ver que se chegue a un acordo para aprobar un orzamento coa tramitación do expediente que se lle está cursando, porque iso responde a unhas circunstancias e a unha situación que en nada afecta á aprobación do orzamento por consenso".


Despois de que Martínez deixase as portas abertas ao retorno ao PSOE, "no que leva corenta anos" -tal e como el mesmo reiterou-, concluíu que esa é "unha cuestión que ten que decidir a dirección do partido a nivel federal, que son eles os que están a xestionar e tramitando ese expediente".

relacionada ​As Deputacións da Coruña e Pontevedra non temen fracturas nos seus pactos
relacionada O BNG estudará "con lupa" os pactos que ten asinados co PSOE
relacionada ​O BNG rompe o bipartito da Deputación de Lugo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE