#Claves de la semana

​As comunidades rexeitan a proposta andaluza que restaría fondos ao lácteo

"Parecíanos unha medida inxusta e insolidaria", sinalou a titular de Medio Rural, que acudiu á reunión despois de recibir os sindicatos do agro galego e coincidir na negativa.


|

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acudiu este xoves ao Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios no que mostrou a súa negativa á redistribución de fondos da PAC como pedía Andalucía. Ángeles Vázquez atopou a todas as comunidades en disposición de rexeitar o apoio a esta modificación que implicaría unha perda dos fondos vinculados ao lácteo en favor do oliveiral en pendente, uva pasa e trigo duro, entre outros cultivos andaluces. Polo tanto, debido á falta de unanimidade retirouse a medida, algo que celebrou a conselleira á saída.


“O que Andalucía estaba a defender non era un sector, como facemos nós cos gandeiros, senón cultivos moi concretos”, indicou a conselleira e aclarou que non estamos a falar de todo o sector de oliveiral, senón do oliveiral en pendente, nin do trigo, senón do trigo duro e dos froitos secos con cáscara. Neste sentido, o Goberno galego lembra que para este tipo de cultivos existen o Programas de Desenvolvemento Rural (PDR) de cada comunidade autónoma. “É o que facemos nós cos nosos cultivos minoritarios ou de zonas desfavorecidas de alta montaña, para os que temos axudas propias”, sinalou Ángeles Vázquez.


Doutra banda, Andalucía non concretou de onde procederían as achegas para as novas axudas, polo que todo apuntaba a que sería da PAC actual e, polo tanto, dos fondos doutras comunidades autónomas que, ademais, xa perciben un orzamento menor. “Por iso, a proposta parecíanos unha medida inxusta e insolidaria”, sinalou a titular de Medio Rural, que a definiu tamén como improvisada ao carecer dunha argumentación sólida e datos concretos que a referende.


A proposta de Galicia era comezar a traballar de cara á PAC de 2021, en lugar de modificar a actual. Deste xeito, dará tempo a facer as modificacións necesarias de forma “seria e contrastada” con estudios de expertos. Dende a Consellería do Medio Rural lémbrase que o actual modelo de distribución da PAC en España aprobouse baixo un gran consenso e foi o que "permitiu outorgarlle ao lácteo o que se lle tiña denegado durante anos". Por iso, sosteñen, a Xunta non estaba "disposta a perdelo". 

relacionada ​Un tercio de las explotaciones gallegas vende la leche por debajo de coste
relacionada ​El sector lácteo puede perder 2,5 millones si Andalucía saca adelante su propuesta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE