Escolares galegos celebran o día do medio ambiente construindo refuxios para animais
Nunha actividade que pretende educar aos máis pequenos na importancia de conservar a biodiversidade
Uns 200 escolares de Santiago de Compostela están celebrando o Día do Medio Ambiente no Bosque de Galicia da Cidade da Cultura construindo caixas niño para paxaros e refuxios para morcegos e réptiles.
Trátase dunha actividade organizada no Bosque de Galicia da Cidade da Cultura en colaboración con ViAQUA, que pretende educar aos máis pequenos na importancia de conservar a biodiversidade, ademais de facelos partícipes no proceso de naturalización do Gaiás.
Trala construción dos niños e caixas refuxio, os escolares repartíronos polo monte. Cada elemento foi xeolocalizado mediante GPS para que os rapaces saiban exactamente onde os situaron e poidan volver periodicamente a comprobar o seu importante labor na protección do medio.
Os nenos distribúense en catro quendas entre o luns e o martes. Á primeira xornada matinal asistiron o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño e o Director de Viaqua, Julio Masid Bande,
Escribe tu comentario