CaixaBank, nomeado Mellor Banco en España por segundo ano consecutivo
Os premios, da revista Global Finance, entréganse atendendo a criterios tanto de crecemento de patrimonio ou rendabilidade
Por segundo ano consecutivo, a entidade CaixaBank foi elexida como Mellor Banco en España 2016 pola revista estadounidense Global Finance. Esta publicación recoñece a innovación no servizo 'Mailbox', que permite xestionar a correspondencia bancaria.
Os premior da revista Global Finance entráganse atendendo a criterios tanto de crecemento de patrimonio ou rendabilidade, como de servicio ao cliente, desenvolvemento de novos negocios e innovación en productos.
As entidades premiadas foron elexidas tralas consultas realizadas con executivos financeiros, banqueiros e analistas de todo o mundo, segundo destacou CaixaBank nun comunicado.
Global Finance é unha revista mensual fundada en 1987 e con sede en Nova York que conta cunha difusión de 50.050 exemplares (segundo BPA) en 180 países e máis de 200.000 lectores.
Ao galardón logrado agora por CaixaBank únese o do premio Euromoney á mellor banca privada en España concedido a comezos deste ano.
APOSTA POLA INNOVACIÓN
A principios de maio a entidade recibiu o premio Retail Banker of the Year na entrega dos Retail Banker International Awards, celebrada en Londres, como recoñecemento á entidade financeira coa mellor estratexia de innovación do mundo en 2016.
cimiento a la entidad financiera con mejor estrategia de innovación del mundo en 2016.
Escribe tu comentario