A economía galega medrou un 0'7% no primeiro trimestre
Lixeiramente por debaixo do crecemento da media do estado
A economía galega medrou nun 0'7% durante o primeiro trimestre do ano, unha décima por debaixo da media rexitrada no conxunto do Estado.
Se comparamos o primeiro trimestre deste ano co de 2015, descubrimos que o crecemento do PIB medrou nun 2,8% con respecto ao ano pasado, segundo as contas económicas trimestrais que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).
A través dun comunicado, a Consellería de Facenda destaca que a economía galega "mantén a súa recuperación, con taxas de crecemento trimestral similares ás do segundo semestre de 2015".
Destaca que son xa oito trimestres consecutivos nos que mellora o ritmo de crecemento anual da economía galega. En canto ao aumento trimestral, son tamén oito trimestres seguidos, aínda que este último sexa inferior ao anterior. O PIB, ademais, non cae desde hai 10 trimestres (no primeiro de 2014 non variou e no cuarto de 2013 incrementouse, tanto en termos anuais como trimestrais).
A consellería pon de manifesto que o aumento das exportacións de bens e servizos é superior ao das importacións, "polo que a achega da demanda externa é positiva".
Escribe tu comentario