#Claves de la semana

​Romeu presume de apoios para as primarias do PSdeG

Destaca que os seus avais proceden fundamentalmente das “ zonas urbanas de Galicia" e "mesmo das cidades onde goberna a marea".


|


Xosé Luis Méndez Romeu confírmase como un dos candidatos mellor posicionados de cara ás primarias do PSdeG. Cando está a piques de rematar o prazo para presentar avais, o seu equipo asegura que xa conta con 2.800 apoios, unha cifra que se achega ao triple dos necesarios e supón unha parte moi importante dos militantes do partido en Galicia.


O voceiro parlamentario dos socialistas destaca ademais que estes avais proceden fundamentalmente das “ zonas urbanas de Galicia" e "mesmo das cidades onde goberna a marea". Ese feito indica para Romeu que están conseguindo “recuperar a ilusión nos lugares onde tivemos un resultado peor nas últimas municipais", interpretou, tras sinalar que conta con respaldos en "todas as comarcas e concellos".


A partir de agora, pensando xa na propia votación das primarias, reivindicouse como "a proposta máis clara" para relevar a Alberto Núñez Feijóo á fronte de San Caetano e apostou por poñer en marcha "un debate aberto coa sociedade sobre as medidas alternativas a este goberno decadente". "Estamos en condicións de dar esa batalla, de dala rigorosamente, e desde logo eu farei durante estas semanas ese traballo de explicación e de audiencia coa xente, para ofrecer o mellor do Partido Socialista nas próximas eleccións", salientou.


A continuación, preguntado polos xornalistas sobre as "presións" do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra en favor da súa candidatura, denunciadas por outro dos aspirantes, Gonzalo Caballero, Méndez dixo non ter "constancia" de "ningún tipo de presión ou coacción", senón máis ben do "máximo respecto" dos seus valedores "á posición da xente neste proceso plural". En cambio, agregou que "a organización do PSdeG envorcouse claramente noutra candidatura", aínda que --dixo-- non é algo que lle "preocupe especialmente".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE