#Claves de la semana

Máis de 5.000 novos parados no primeiro trimestre de 2016

Supón un 2'31% máis con respecto ao trimestre anterior e sitúa o total de desempregados nos 227.900.


|


Galicia sumou 5.100 parados durante o primeiro trimestre de 2016, o que supón un 2'31% máis con respecto ao trimestre anterior e sitúa o total de desempregados nos 227.900. 


O aumento galego supera considerablemente a media estatal, no que o paro aumentou nun 0'25% según sinala este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).



Mentres, o número de ocupados descendeu en 11.400 na comunidade galega, ata 1.021.100, o que representa unha caída do 1,1% en comparación co último trimestre de 2015.



O aumento da cifra de parados en todo o estado rompe a tendencia dos dous anos anteriores, cando se conseguiu reducir o desemprego nos tres primeiros meses (-2.300 parados no primeiro trimestre de 2014 e -13.100 en 2015).

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE