#Claves de la semana
ELEXIDO POR ORIXINAL NO SEU PLANTEXAMENTO E ENFOQUE

Santiago Jaureguizar gaña o XXVI Premio de Periodismo “Xosé Aurelio Carracedo”

O xurado, que elixiu por maioría o traballo de Jaureguizar, considera que se trata dun artigo “moi ben estruturado e orixinal no seu plantexamento e enfoque”.Santiago Jaureguizar é redactor de Cultura do diario El Progreso de Lugo dende 1993.


|



O xornalista Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965), redactor de Cultura do Xornal El Progreso, é o gañador do XXVI Premio de Periodismo “Xosé Aurelio Carracedo” na súa edición de 2016, dotado con 3.000 euros e diploma, un certame que anualmente convoca a Deputación de Ourense para honrar a memoria do xornalista ourensán que lle da nome ao premio, falecido en 1988.


O xurado, reunido hoxe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, ditaminou conceder o galardón a Santiago Jaureguizarpolo artigo xornalístico publicado no xornal “El Progreso”, de Lugo, titulado Os amigos do cadáver de Blanco Amor, destacando da obra premiada “a calidade xornalística do artigo, o sentido crítico e a proposta de “actualizar”, por medio dunha personaxe histórica da literatura galega, como é Eduardo Blanco Amor, a crítica á situación social que vivimos nestes momentos”.


O xurado, que elixiu por maioría o traballo de Jaureguizar, considera que se trata dun artigo “moi ben estruturado e orixinal no seu plantexamento e enfoque”.


Santiago Jaureguizar é redactor de Cultura do diario El Progreso de Lugo dende 1993. Coordina o suplemento cultural Táboa Redonda. Como xornalista foi galardoado cos premios “Manuel Reimóndez” e “Museo Provincial de Lugo”. A súa faciana de narrador foi recoñecida cos galardóns “Lueiro Rey”, “Xerais”, “García Barros”, “Terra de Melide” e “Caixa Galicia de Literatura Infantil e Xuvenil”.


O xurado, presidido polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval Soto, estivo integrado por Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela; Xosé Francisco Rodil Lombardía, membro da Comisión de Garantía da FAPE; Francisco González Sarria, vogal do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Xosé Manuel Baamonde Silva, decano da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación de Pontevedra, actuando como secretario Fernando Rodríguez Méndez, responsable de Comunicación da Deputación de Ourense.


A entrega do premio terá lugar na Deputación de Ourense, nun acto que se celebrará no Salón de Plenos da institución provincial o día 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE