#Claves de la semana

​Os bombeiros galegos marcharán contra a xestión privada dos parques ourensáns

Denuncian que a Deputación de Ourense é a única que non está disposta a rescatar as concesións


|




Bombeiros de toda Galicia manifestaranse o vindeiro luns 18 de abril protestando polo rexeitamento do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar (PP), para rescatar as concesionarias privadas dos parques provinciais facéndoos públicos.


Ourense centrará a protesta de todos os bombeiros galegos, xa que o resto dos presidentes provinciais (todos socialistas), mostraron a súa "vontade" para rescatar as concesións a pesar dos "condicionantes que está a poñer a Xunta de Galicia".


O portavoz da mesa intersindical de bombeiros de Galicia, José Luis Parella, contrapuxo esta áctitude á de Manuel Baltar, que "manifestou a súa clara e rotunda intención de continuar adiante cun modelo de xestión privada", converténdose na "única Deputación" en contra de facer públicos os parques.


A manifestación sairá ao mediodía do parque de bombeiros de Ourense, baixo o lema 'Rescátanos' e rematará ante a Deputación de Ourense, que alberga a sede do Consorcio Provincial de Extinción de Incendios.


Tamén pasarán pola sede de Democracia Ourensana, "un grupo político que está a discriminar e infravalorando ao colectivo de bombeiros", e tamén polo Concello de Ourense.


PERIGOS DA PRIVATIZACIÓN


Os bombeiros denuncian que a xestión indirecta inflúe tanto "na seguridade" dos traballadores como dos cidadáns, xa que alertan de falta de persoal, mentres se inviste con todo en medios materiais "sobredimensionados", "chegando a ter máis vehículos que persoal de quenda".


Parella asegura que unha xestión directa poderíase aforrar un 30%, o cal se podería destinar a paliar a falta de persoal e mellorar o servizo. En concreto, os parques estarían exentos de abonar o 21% do IVE, ao que se suma o 10% de beneficios da empresa.


Tamén sinala Parella que mentres os parques de bombeiros estean en mans privadas atopan "un impedimento enorme" para que se cumpra a lei no tocante a sacar adiante un estatuto de bombeiros que regule a este colectivo.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE