#Claves de la semana

Nova polémica en torno ao Dolmen de Dombate

Salvemos Cabana denuncia "un novo escándalo" relacionado esta vez cun congreso de escritores.


|



Nos últimos tempos todo o que rodea ao Dolmen de Combate parece estar sumido na polémica permanente, o xacemento segue sendo noticia por motivos que nada ten que ver coa súa importancia histórico-artística. Trala controvertida renovación do convenio de conservación co concello de Cabana de Bergantiños, a plataforma ecoloxista Salvemos Cabana denuncia "un novo escándalo" relacionado esta vez cun congreso de escritores.


En concreto, trátase do "I Congreso Internacional de Escritores Río Anllóns e Dolmen de Dombate", que se celebra esta fin de semana. O nomeamento como director deste evento do escritor e editor Basilio Rodríguez Cañada espertou a indignación dos ecoloxistas, que recordan que este escritor foi suspendido pola prestixiosa asociación de escritores 'Pen International'.


Foi no pasado mes de Outubro cando esta asociación "famosa polo seu apoio á liberdade ideolóxica e de prensa" aprobou por unanimidade a suspensión do centro español dirixido por Rodríguez Cañada, acusándoo de telo convertido nunha entidade "para o seu propio beneficio" que "non representa aos escritores", algo que significa "un verdadeiro delito" dada a gran historia da organización no noso territorio.


Ante estas circunstancias, dende Salvemos Cabana consideran "unha vergonza manifesta" que se escollera a este escritor para dirixir o congreso de escritores vinculado ao dolmen. Critican a elección realizada polo alcalde de Cabana, José Muíño (PP), pero tamén a autorización do deputado provincial Xesús Soto (BNG). 


relacionada ​Dolmen de Dombate, ¿restauración ou maquillaxe?
relacionada Salvemos Cabana considera la cesión de la gestión del Dolmen de Dombate "una tomadura de pelo"
relacionada La gestión del Dolmen de Dombate podría poner en peligro su conservación
relacionada Desvelando os segredos dos petroglifos galegos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE