O octoxenario que atropelou a un pelotón de ciclistas podería perder o carné

O conductor de 87 anos que atropelou este sábado a un pelotón de ciclistas na Guarda, deixando un morto e sete feridos, será sometido un exame para comprobar se está capacitado para conducir.


 


|



O conductor de 87 anos que atropelou este sábado a un pelotón de ciclistas na Guarda, deixando un morto e sete feridos, será sometido un exame para comprobar se está capacitado para conducir. 


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, explicou que se pedirá unha revisión extraordinaria das condicións psicofísicas do condutor, para dilucidar se pode conservar ou non o seu carné de conducir. 



O home, que ten carné en vigor e un todoterreo coa ITV vixente, deu negativo nas probas de alcoholemia e de drogas ás que foi sometido, segundo confirmaron  fontes da Policía Local da Guarda. Tras prestar declaración en sede policial o mesmo sábado, quedou en liberdade con cargos.


A investigación está a cargo do Xulgado número tres de Tui, que será o encargado de fixar unha data para a declaración do conductor. 


ACCIDENTE



O grave sinistro tivo lugar pasadas as 11,00 horas do sábado preto do lugar de San Xián, no punto quilométrico 43,5 da estrada PO-552, que comunica Baiona e A Guarda. Trátase dunha estrada "ancha", cun carril en cada sentido, e que conta cun espazo habilitado para peóns.



O pelotón de ciclistas estaba integrado por unha vintena de afeccionados, entre os que había veciños de Vigo e do Val Miñor. Así, o falecido é J.A.C.P, de 52 anos de idade, veciño do municipio de Nigrán; mentres que hai sete feridos, os máis graves hospitalizados en unidades de coidados críticos do Hospital Álvaro Cunqueiro; e outros tres ingresados en planta en Povisa.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE