ESTREADA EN 1916 NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA, ONDE SE POXECTARA 100 ANOS DESPOIS

O cine galego celebra o centenario da súa primeira ficción, «Miss Ledyia», en Pontevedra

O acto que terá lugar o venres 4 de marzo  no Teatro Principal pontevedrés que volverá acoller 100 anos despois a proxección desta fita


|

O Teatro Principal pontevedrés volverá acoller 100 anos despois a proxección desta fita, nun acto que terá lugar o vindeiro venres 4 de marzo e que presidirá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Intervirá o catedrático xubilado Ángel Luis Hueso e o pianista Nani García fará o acompañamento musical en directo.


A Xunta de Galicia conmemorará o próximo venres 4 de marzo en Pontevedra o centenario da película ‘Miss Ledya’, a obra realizada polo pioneiro vigués José Gil sobre un argumento de Rafael López de Haro, estreada en 1916 e considerada a primeira ficción do cinema galego.


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia), o Concello de Pontevedra e mais o Museo Provincial da Deputación de Pontevedra están a colaborar na organización desta celebración, que terá lugar no Teatro Principal, o actual espazo do mesmo nome que o do desaparecido escenario que acollera a primeira exhibición pública de ‘Miss Ledya’ hai cen anos.


O acto, que estará presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, contará con distintas intervencións institucionais e coa participación do catedrático xubilado de Historia do Cine Ángel Luis Hueso, quen realizará un achegamento ás características e á transcendencia deste filme. Ademais, o pianista Nani García actuará en directo para poñer a música de acompañamento á proxección.


‘Miss Ledyia’, que chegou ata os nosos días grazas aos materiais conservados polo Museo Provincial de Pontevedra e restaurados por Filmoteca Española e polo CGAI, reflicte espazos como o Gran Balneario da Toxa, as ribeiras do Lérez, Monteporreiro, Portosanto ou A Caeira, para recrear as peripecias de Miss Ledya, sobriña do multimillonario Míster Kazton na súa viaxe a Galicia en febreiro de 1916.


Castelao, actor

A película está protagonizada por Fefa Ximénez de Sandoval e entre os 16 actores e actrices principais do elenco figura Alfonso R. Castelao, quen encarnou o pastor protestante que na secuencia final porta unha arma para deter o anarquista Ruskin. Outros nomes que participaron na interpretación foron Fausto Otero, Mariña Fonseca, Clara Sobrino, Víctor Mercadillo, Isidoro Millán ou Blanco Porto.


Cunha duración de apenas 20 minutos, filmada en branco e negro con puntuais virados, máis alá do seu valor cinematográfico, a obra destaca por ser o testemuño da temperá dinámica creativa que sobre a sétima arte existía en Galicia.  


Outros materiais da época

No acto do próximo venres tamén se proxectarán outros materiais da época recuperados polo CGAI, como son ‘Botadura do acorazado Alfonso XIII’, de 1913; e ‘O A no Santo en Compostela’, de 1915.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
Mis preferencias