Feijóo ve "correcta e necesaria" a dimisión de Aguirre
Trala dimisión de Aguirre, o PP de Madrid queda en mans dunha xestora dirixida pola presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, ata o vindeiro Congreso Rexional do Partido.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "respeta" a decisión de dimitir de Esperanza Aguirre, que considera "correcta e necesaria" ante a situación que afectaba a algúns dos dirixentes do PP de Madrid, salpicados por supostos casos de corrupción.
Trala dimisión de Aguirre, o PP de Madrid queda en mans dunha xestora dirixida pola presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, ata o vindeiro Congreso Rexional do Partido, no que previsiblemente se presentará para facer oficial o seu liderazgo.
Sobre Cifuentes tamén se pronunciou o presidente galego, destacando que é unha militante e dirixente do PP que aporta "seguridade e estabilidade" ao partido en Madrid. Considera necesario "convocar a un novo PP madrileño, a unha nova
xeración de políticos en Madrid para afrontar o futuro do partido".
Escribe tu comentario