Tosar únese á filharmonía nunha homenaxe a Shakespeare
O actor galego Luís Tosar unirase á Real Filharmonía de Galicia este xoves na homenaxe que esta lle dedica ao poeta, dramaturgo e actor inglés William Shakespeare cando se cumpren 400 anos da súa morte.
O actor galego Luís Tosar unirase á Real Filharmonía de Galicia este xoves na homenaxe que esta lle dedica ao poeta, dramaturgo e actor inglés William Shakespeare cando se cumpren 400 anos da súa morte. Será o xoves, 18 de febrero, no compostelán Auditorio de Galicia, ás 21:00
Tosar actuará como narrador nunha interpretación do 'Hamlet' de Dimitri Shostakóvich. Baixo a batuta do director titular e artístico da Filharmonía, Paul Daniel, a orquestra compostelá tocará esta obra que se compuxo para a versión rusa da película, que se fixo en 1964.
Hamlet é a peza máis longa de Shakespeare e unha das traxedias máis relevantes da literatura inglesa. O compositor ruso tratou de traspasar á música o sentido do relato shakesperiano, cunha partitura que pon de manifesto os conflictos internos dos personaxes. O amor do fillo polo seu pai, o imprevisible carácter do protagonista... Todo está presente nesta versión musical do clásico inglés, con intensas melodías que non deixan lugar a dúbida sobre o carácter da historia.
A maiores, no concerto desta semana, a Real Filharmonía de Galicia tocará a Sinfonía para cordas número 10 de Mendelssohn e o Concerto para piano número 3 de Prokofiev, que interpretará o pianista estadounidense Nicholas Angelich.
Escribe tu comentario