Miguel Santalices presidirá o Parlamento galego
O experimentado deputado popular sustituirá a Pilar Rojo, con Marta Rodríguez como vicepresidenta
Miguel Santalices será o sexto presidente do Parlamento de Galicia. O grupo popular certificou o seu apoio para o ata o de agora vicepresidente da Cámara, que a partir de mañá ocupará o asento de Pilar Rojo trala súa marcha a Madrid.
O experimentado deputado popular asume este novo reto con ánimo, recordando que na súa dilatada experiencia parlamentaria "non houbo posto polo que non pasei", excepto o de secretario de Mesa. Asegura que tivo bos maestros, intentará "que se poida debatir" e aínda que recoñece que "esto é complicado", tratará de recordar que "eu tamén estiven abaixo".
Miguel Santalices será elexido en votación durante o primeiro pleno deste periodo de sesións, que dará comezo este mesmo martes. Confirmarase así o relevo que soaba máis natural para Pilar Rojo, aínda que como recordou o voceiro dos populares Pedro Puy, "se é natural é porque expresa a vontade do grupo".
O outro nome que soaba para ocupar a presidencia da Cámara era o da deputada popular Marta Rodríguez, que finalmente ocupará o posto de vicepresidenta.
RÓMPESE A CADEA DE MULLERES
O nomeamento de Miguel Santalices rompe a racha de mulleres que viñan ocupando a presidencia do Parlamento dende 1995, primeiro con Dolores Vilariño e despois con Pilar Rojo.
A deputada do PSdG, Carmen Gallego, asegurou que o presidente Feijóo perdera "unha oportunidade" para otorgarlle relevancia á muller na política, rompendo "a tradición" de que unha muller fose a presidenta do Parlamento.
Pero para o voceiro dos populares, Pedro Puy "reducir algúns postos" á condición de que sexa unha muller non lle fai ningún favor á igualdade, recordando que no parlamento galego hai unha gran representación femenina.
BNG E AGE FALAN DE CONTINUISMO
O vicevoceiro de AGE, Antón Sánchez, falou de "continuismo" na decisión dos populares, non cre que vaia a significar "un cambio na forma de dirixir o Parlamento e que haxa maior democracia".
Pola súa banda, a deputada do BNG Ana Pontón tamén fala de continuismo e aproveita para reclamar que se levante o veto para que os cidadáns asistan aos plenos cando se traten temas que lles afecten, asegurando "que un parlamento pechado ao pobo perde o seu sentido".
Escribe tu comentario