#Claves de la semana
CONCELLO DE LUGO

A alcaldesa de Lugo afirma que o Concello non ten ningunha relación contractual coa investigada Doal

Lara Méndez insiste en pedir "que a xustiza faga o seu traballo" e aclarou que "xa se iniciou o expediente de municipalización" do servizo da Ora


|

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, asegurou este martes que, neste momento, o Concello non ten "ningunha relación contractual" coa empresa Doal, que xestionaba o sistema da Ora, e que forma parte do armazón empresarial de Vendex --investigada no marco da operación Pokemon--. 


Estas declaracións producíanse tras coñecerse a existencia dun informe encargado pola titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, que revela que tres empresas de Vendex deixaron de pagar 500.000 euros á Axencia Tributaria e que, destas sociedades, Doal deixou de ingresar 106.054 euros en 2011 e 92.273 en 2012. "A xustiza ten que facer o seu traballo e terá que reclamarlle aquelas cuestións que non cumpran. Nós con Doal non temos relación ningunha porque hai unha sentenza que dicía que o contrato era nulo de pleno dereito e nós executamos esa sentenza", esgrimiu.

Ademais, insistiu en que agora "con esa empresa" non hai "relación contractual ningunha". "Co cal, aí só podemos pedir que a xustiza faga o seu traballo", aseverou. Polo demais, Lara Méndez quixo aclarar que "xa se iniciou o expediente de municipalización" do servizo da Ora, que ata que se executou a suspensión do contrato en xullo era Doal a que levaba o servizo de aparcadoiros da cidade.

Finalmente, revelou que os orzamentos non se levarán á súa aprobación este mes. "No que vai de mes posiblemente non nos de tempo de levar os orzamentos ao pleno, podemos tardar unha semana máis para estudalos ben e, ademais, queremos buscar o consenso dos distintos grupos municipais, cos que estamos a manter contactos", concluíu. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE