#Claves de la semana

As mortes en Galicia duplican aos nacementos cun saldo negativo de 4.921 persoas


|

Galicia rexistrou no primeiro trimestre 9.609 mortes (de 4.651 homes e 4.958 mulleres), máis do dobre que os nacementos contabilizados nese mesmo período, 4.688 segundo o avance de explotación do movemento natural da poboación que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).


Desta forma, o crecemento vexetativo da poboación galega -resultante de restar aos nacementos as defuncións- bota un saldo negativo de 4.921 persoas.


Por provincias, A Coruña contou 3.836 falecementos e 2.095 nacementos; Pontevedra, 2.824 e 1.684, respectivamente; Lugo, 1.513 e 504; e Ourense, 1.436 e 405.


Estatística recolle que a maior parte dos nacidos foron de nais que tiñan entre 30 e 34 anos (1.645) e entre 35 e 39 (1.597). A continuación situouse o grupo de mulleres entre 25 e 29 anos, con 689 nacementos; as de 40 a 44, con 403; e as de 20 a 24, con 263.


Pola súa banda, representan datos menores as 54 nais que tiñan entre 15 e 19 anos cando deron a luz, 33 con entre 45 e 49 anos e catro maiores de 50.


MATRIMONIOS


Mentres, entre xaneiro e marzo deste ano 942 parellas contraeron matrimonio na comunidade galega, 924 entre individuos de distinto sexo, 11 entre dous homes e sete entre dúas mulleres.


Dos matrimonios entre heterosexual, o 88,4% materializáronse en cerimonias de carácter civil (817), fronte ás vodas católicas (94), tres doutra relixión e 10 das cales non consta o tipo de celebración.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE