Hoxe comenzan as Xornadas Ferroviarias na Estación Baños de Molgas (Ourense)
As actividades desenvolveranse os días 22, 23 e 24 de outubro.
Francisco Gil, coordinador das jornadas, Rosendo Fernández, presidente do Inorde, Rosendo Fernández e o xerente do Inorde, Jose Manuel Rodríguez
As Xornadas Ferroviarias na estación de Baños de Molgas que terán lugar os días 22, 23 e 24 de outubro, en esta localidade de Ourense
"Tras o bo resultado do proxecto europeo "Estaciones Vivas", foi concedido ao Inorde un reforzo financeiro para realizar novas accións como estas xornadas ferroviarias", asegurou Rosendo Fernández, no acto de apresentación, o pasado día 19, e engadiu, "teñen como obxectivo apostar pola promoción turística das Estacións en base aos usos para os que foron dotadas", dende auténticos museos itinerantes de tradición e paixón, ata a recreación da historia do ferrocarril, pasando por unha homenaxe a Moncho Borrajo, xunto con outras estacións dedicadas a albergues turísticos.
Este proxecto que está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP), consistiu na rehabilitación de seis infraestruturas ferroviarias en desuso, na provincia de Ourense e o Funicular de Santa Luzia en Viana do Castelo, "co obxectivo de dotalas de valor e permitir a súa sostibilidade futura", afirmou o presidente do Inorde.
En canto á programación das xornadas vanse tratar "distintos aspectos que están relacionados co mundo do ferrocarril dende o punto de vista etnográfico, histórico, cultural e patrimonial", asegurou Francisco Gil. Entre as actividades do día 22 atópase a inauguración das xornadas, unha proxección comentada polo autor do documental "Carrilanos, los túneles de un tiempo", así como un debate. Ao día seguinte terá lugar a fabricación de ferrocarrís en miniatura, La fabricación de ferrocarriles en miniatura a cargo de. Julio Álvarez Rodríguez Vicepresidente de la Asociación Europea de Ferroviarios (AEC)-Sección Español, unha mesa redonda, a visita ás Estacións do Inorde, entre outras actividades que se contemplan no programa.
O día 24 os participantes terán a opción de facer un recorrido turístico pola Ribeira Sacra.
Escribe tu comentario