#Claves de la semana
A MAIORIA DOS GANDEIROS PREVÉN NON ASINAR SEN GARANTÍA DE PREZO SOSTIBLE

Cita do Setor lácteo, co Ministerio de Agricultura, este mércores por un acordo de garantías

As asociacións agrarias UPA e COAG non asinarán sen garantías de prezo sostible

A ministra de Agricultura, asegura que "beneficiará a todos os gandeiros a pesar de que as organizacións que os representan non asinen o pacto"


|

Isabel García Tejerina, ministra de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (c) 



Todos os axentes do sector lácteo están citados este mércores no Ministerio de Agricultura en Madrid para selar un acordo en beneficio de toda a cadea de valor, que as organizacións agrarias UPA e COAG seguen reticentes a asinar -xa rexeitaron o preacordo do 10 de setembro-, xa que continúan sen ver garantías de prezos sostibles.


En declaracios do líder de Unións Agrarias, Roberto García, UPA -da que forma parte UU AA- "non asinará ao 99% de posibilidades" o acordo do mércores, nin tampouco o fará COAG, pois "o Ministerio segue sen ceder para definir prezos sostibles e que haxa cobertura xurídica e sancións". "Se non o fixeron ata agora, dubido que nas horas que faltan para o acordo váiase a resolver", apuntou Roberto García, despois de que o Ministerio rexeite as alegacións realizadas polas citadas organizacións, neste senso.  Estas organizacións seguen vendo "un documento de boas intencións que non resolve o problema".


A secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba, -que está integrada a nivel estatal en COAG- deixou claro que se manteñen na súa postura inicial de que, "sen elementos básicos" para unha "maior concreción" de prezos sostibles baseados en índices de referenciación e "sen sancións", non están dispostos a asinar "un cheque en branco".


Os gandeiros queren garantías, e "ata agora o Ministerio seguía sendo totalmente ambiguo sobre estas materias, polo que falar dunha cuestión de confianza xa non cabe". Deste xeito, na reunión convocada pola ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, asinarán o acordo representantes da industria, distribución, así como cooperativas e Asaja, mentres que as reticencias de COAG e UPA inclinan a estas formacións a non selalo, á espera do que suceda o mércores.


O borrador do acordo, recolle o compromiso dos distintos axentes que interveñen na cadea de valor de traballar pola estabilidade e creación de valor ao longo de cada eslabón, para conseguir prezos "sostibles e remuneradores" en cada etapa da mesma, algo que as organizacións agrarias discrepantes cualifican de "abstracto e xeneralizado". 


"As organizacións que representan á maioría do sector gandeiro de leite en España non participarán dun acordo que na súa opinión non dá garantías de que a situación de crise no sector se vaia resolver",
afirmaron.

UPA e COAG trataron "ata o último momento" de conseguir que o texto do acordo recolla as demandas dos gandeiros e manteñen as portas abertas para sumarse "se o acordo se modifica".

Desta forma, o secretario de Organización de COAG, Andoni García, o secretario de Gandería de UPA, Román Santalla, explicarán o seu rexeitamento ao acordo antes do acto de firma do mesmo, que terá lugar ás 12.30 horas deste mércores.

UPA e COAG aseguraron que ao acordo, "orquestrado" polo Ministerio de Agricultura, "faltoulle valentía para definir un prezo sostible ao produtor" e carece ademais de garantías xurídicas que permitan "cambiar os malos hábitos que industria e distribución levan anos desenvolvendo". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE