Martiño Noriega: "Traballase en una axenda internacional que xere retorno económico"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Xulio Ríos, pra traballar na creación dunha axenda internacional específica para a cidade.
O alcalde de Santiago, reuniuse co director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Xulio Ríos, pra traballar na creación dunha axenda internacional específica para a cidade.
En palabras de Martiño Noriega, o obxectivo é "aproveitar as sinerxias que a propia cidade xera", así como a súa "carga simbólica", para crear "dinámicas que teñan un retorno na cidade". Así, referiuse a retornos no eido cultural e simbólico pero, sobre todo, no tecido económico da cidade.
Nos vindeiros meses -indicou o alcalde- traballarase para "sistematizar" esta axenda internacional. Na definición da mesma colaborarase co IGADI. Así, o seu director coincidiu na aposta por unha "acción exterior específica" de Santiago, partido do seu papel como "cidade universal, cunha enorme potencialidade e que xera unha axenda exterior importante por si mesma".
Escribe tu comentario