#Claves de la semana
APERTURA DE CURSO ACADÉMICO

O reitor da Coruña alerta de que a universidade galega perde o paso europeo

O novo plan de financiamento aprobarase en outubro


|

Pola esquerda, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Xosé Luís Armesto, da da Coruña; Román Rodríguez, conselleiro de Educación, e Juan Viaño, reitor santiagués


O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, alertou da perda de converxencia do sistema universitario español e, en particular, o galego, con Europa e reclamou financiamento para "recuperar o tempo perdido".


Na súa intervención na apertura do curso académico, coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e os reitores de Vigo e Santiago, defendeu que unha universidade pública "é posible".

"Se de verdade estase recuperando a actividade económica e quérese manter o modelo de universidade pública, con financiamento fundamentalmente público, é necesario recuperar o terreo perdido", dixo ao reclamar "un marco de estabilidade normativa".

Na súa intervención, considerou, ademais, necesario debater "sobre o modelo de universidade pública" fronte ao "crecente control do mundo financeiro e mercantil sobre a educación, especialmente no nivel universitario", subliñou.

INVESTIMENTO EN I+D

Na mesma liña, alertou de "a perda" da presenza da universidade "nas políticas sociais" e insistiu en que o sistema universitario español non está "a converxer" con Europa. "Senón todo o contrario", engadiu ao lembrar que, nun contexto de crise, Alemaña "incrementou un 5% os recursos públicos para I+D+i".

"O esforzo español en I+D baixa ininterrompidamente desde 2012, o de Galicia, desde dous anos antes", advertiu. Así, sinalou que España este investimento "non pasa do 1,24%" do PIB, mentres que en Galicia dixo que se parte "dunha posición máis atrasada" cun 0,86% do PIB.

"MODESTA MELLORA" DO PLAN DE FINANCIAMENTO

Nos mesmos termos, insistiu en que a universidade española "ten un problema de ingresos, non de gastos" . Así, aínda que considerou "unha modesta mellora" o novo plan de financiamento da Xunta para o sistema universitario galego, reivindicou "equidade" e "sustentabilidade financeira".

"A dirección do novo plan é a correcta, pero tamén é certo que aínda queda moito para recuperar o retroceso destes últimos anos", insistiu o reitor, quen volveu a pedir "máis apoio social e institucional" para as universidades.

APROBACIÓN EN OUTUBRO

A este plan, referiuse tamén o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen indicou que en outubro levará ao Consello da Xunta "para a súa aprobación definitiva". "O plan reafirma a vontade de entender a universidade como unha prioridade".

"Está marcado por unha estrutura na que se garanta un modelo eficiente, no que os resultados académicos e investigadores adquiran maior protagonismo", explicou o conselleiro.

Ademais, recalcou que suporá "unha nova repartición que presenta unha distribución interna no que primarán os resultados, a cooperación interuniversitaria, a eficiencia na xestión, a internacionalización", resumiu.

A Xunta, "Á beira" DAS UNIVERSIDADES

No seu discurso, defendeu unha universidade na que primen "criterios de organización académica" e a "reestruturación da oferta docente", mentres que insistiu en que a Xunta estará "á beira das universidades galegas nas decisións que tomen no desempeño da súa autonomía".

O conselleiro afirmou tamén que o desenvolvemento da lei do sistema universitario de Galicia permitirá "un impulso integral e coordinado" do papel do tres universidades. "Esperamos un traballo construtivo coas universidades para lograr o ben común", apostilou.

"ALTURA DE MIRAS" DAS UNIVERSIDADES

"É necesario asinar un novo contrato que reforce a responsabilidade compartida con recursos e reformas", sentenciou tamén Román Rodríguez. Nesta liña, dixo que o novo plan "incorpora moitas das demandas da comunidade educativa", ás que pediu "cooperación leal e altura de miras".

Mentres, incidiu en que Galicia lle debe "moito á súa universidade" e que, por iso, "débelle corresponder o maior esforzo orzamentario", sinalou ao cifrar en 2.470 millóns de euros a dotación do novo plan, un 17,3% máis que o anterior. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE