#Claves de la semana
PONTEAREAS, PONTEVEDRA

Sanitarios e unha testemuña do disparo, os primeiros en declarar pola morte do batería de 'Los Piratas'

As comparecencias arrincarán o vindeiro mércores. A versión da familia e a Garda Civil contradinse


|

Fachada do cuartel da Garda Civil en Ponteareas, Pontevedra.


As declaracións polo suceso de Ponteareas, no que faleceu a batería de Los Piratas tras recibir un disparo dun garda civil, empezarán o vindeiro mércores, 2 de setembro, coa comparecencia dos sanitarios que acudiron ao lugar e unha testemuña. A versión da familia e da Garda Civil contradi o ocorrido o pasado xoves, cando Javier Fernández faleceu polo impacto de bala despois de que efectivos deste corpo de seguridade acudisen alertados, segundo o Instituto Armado, por un episodio de violencia machista que a muller da vítima negou na sua conta facebook.


Así, a muller e familiares do falecido explicaron que o episodio se debeu a un "brote psicótico", derivado de que o coñecido como Hal9000 fora suspendido da súa medicación por parte do seu psiquiatra. O avogado da viúva confirmou que as declaracións comezarán a próxima semana cos sanitarios e unha testemuña e que a súa cliente aínda "non" ten citación para acudir a declarar.


A familia xa se persoou no xulgado de instrución número 2 de Ponteareas para acceder ao caso. Segundo explicou o seu avogado, solicitará ao xulgado "todas as dilixencias que poidan aclarar os feitos", incluída unha reconstrución do sucedido na vivenda de Ponteareas e careo entre testemuñas, ante as versións contraditorias.


Segundo a versión da familia, trasladada aos medios polo letrado e pola propia sogra do falecido, o pasado mércores Javier Fernández tivo un "brote psicótico", consecuencia da suspensión do tratamento que seguía desde hai anos por un trastorno bipolar. Ante o seu comportamento agresivo, a súa muller -que estaba na vivenda con Javier e co bebé de ambos- decidiu pedir axuda para tranquilizar á súa parella e ata o domicilio, na parroquia ponteareá de Guláns, desprazouse unha dotación da Garda Civil e unha ambulancia.


A partir de aí, o relato dos feitos difire entre a versión da familia e a da Garda Civil. Mentres que o Instituto Armado sostén que se trataba dun suposto caso de violencia de xénero, a muller e o seu avogado négano, e insisten en explicar o comportamento de Javier pola súa enfermidade mental. A Subdelegación do Goberno emitiu un comunicado no que relataba que o músico agredira á súa muller e a un dos axentes que acudiran ao domicilio. Así mesmo, admitía que o outro garda, á vista de que o home non depuña a súa actitude violenta, viuse obrigado a efectuar un disparo que lle impactou no abdome. Javier Fernández, de 40 anos, morreu horas despois no Hospital Meixoeiro.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE