#Claves de la semana
CAMPAÑA DA DGT CONTRA AS DROGAS E ALCOL O VOLANTE

Campaña especial de vixilancia contra o alcol e as drogas ao volante, dende o luns 10

A DGT busca a colaboración dos concellos para realizar controis en zonas urbanas, en grandes puntos de lecer nocturno e de grandes festas estes días


|

A Dirección General de Tráfico (DGT) anunciou ste domingo que porá en marcha desde este luns 10, unha campaña especial de control da taxa de alcoholemia e de consumo de drogas entre os condutores que se estenderá ata o vindeiro domingo, informa a través dun comunicado.


Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán, durante toda a semana, os controis deste tipo a condutores nas vías galegas. Igualmente, potenciarase a colaboración cos concellos para realizar controis en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de lecer nocturno e de grandes festas estes días.

A Delegación do Goberno recorda que o alcol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes de circulación con vítimas mortais. A súa presenza na condución multiplica entre dúas e quince veces os riscos de sufrir un sinistro e constitúe un factor agravante das súas consecuencias.

No ano 2014, as análises toxicolóxicas realizados a condutores falecidos en accidentes de tráfico revelaron que un 39,09 por cento deles presentaban unha taxa de alcol etílico en sangue superior a 0,3 gramos por litro, unha porcentaxe que ascendía ata o 39,88 por cento no caso de peóns falecidos pola mesma causa.

XULLO.


Entre o 14 e o 20 de xullo realizáronse en Galicia un total de 14.760 controis, con 223 positivos dos que 4.904 foron na Coruña, con 99 denuncias; 4.622 en Pontevedra, con 88 positivos; 3.038 en Lugo, con quince condutores denunciados; e 2.196 en Ourense, entre os que vinte e un excederon o límite.

Fixéronse 86 controis de drogas, con vinte e nove resultados que acabaron en denuncia, con sete positivos de once na Coruña, dezaoito de 52 en Pontevedra, dous de cinco en Lugo e dous de dezaoito en Ourense.  

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE