#Claves de la semana
FISCALIA

Na Fiscalía outras catro operacións de NCG que xeraron prexuízos por 170 millóns de euros

Facían referencia ao financiamento e refinanciamento para a adquisición de inmobles ou participacións en sociedades, renegociacions de empréstitos e cancelación de débedas


|

O Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB) remitirá á Fiscalía catro operacións irregulares correspondentes á antiga Novacaixagalicia que, segundo os informes forensic realizados, poderían xerar prexuízos económicos por 170 millóns de euros.


Segundo informou o Fondo, as operacións investigadas facían referencia ao financiamento e refinanciamento para a adquisición de inmobles ou participacións en sociedades, renegociacions de empréstitos con redución de garantías e operacións de cancelación de débedas (sexa por compravenda de activos ou dación en pagamento de calquera outra figura xurídica análoga).

"En xeral, operacións que deron lugar a importantes perdas para as entidades e presenten indicios de irregularidade ou non responden a unha finalidade económica lóxica", resume o FROB. Novacaixagalicia foi a entidade resultante da fusión das caixas galegas Caixa Galicia e Caixanova, que posteriormente foi nacionalizada e, tras a súa transformación en Novagalicia, o banco foi vendido ao venezolano Banesco.

O organismo continúa a análise dos diversos informes forensic que lle están sendo remitidos polas entidades nas que ten participación no capital, no marco do Protocolo de actuacións xudiciais aprobado pola Comisión Reitora.

MÁIS DE 30 OPERACIÓNS REMITIDAS Á FISCALÍA

Entres 2014 e 2015 o FROB remitiu á Fiscalía preto de 30 informes con operacións irregulares detectadas en Novacaixagalicia, Catalunya Caixa e a antiga Caja Madrid.

O pasado 17 de outubro, o organismo remitiu á Fiscalía un total de 23 con operacións sospeitosas pechadas en Novacaixagalicia e en Catalunya Caixa que sumaban un prexuízo económico de 1.500 millóns de euros.

A maioría destas operacións sospeitosas realizáronse entre 2005 e 2008. Destas operacións, 16 correspondían a CX, actualmente Catalunya Banc, por un prexuízo económico de 900 millóns de euros, e 7 a NCG, por 600 millóns.

A estas operacións hai que sumar o envío de dous expedientes de NCG por 210 millóns de euros, un expediente relacionado cunha carteira de empréstitos hipotecarios minoristas concedidos por CX entre 2004 e 2008, un expediente relativo ás retribucións percibidas pola alta dirección de Caja Madrid que poderían levar consigo consigo un prexuízo económico para a entidade de 14,8 millóns de euros e os dous expedientes remitidos hoxe. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE