#Claves de la semana
Universidade de Santiago de Compostela do 21 ao 27 xunio

Simposio internacional de xenética en acuicultura entre expertos e industria

Este evento, que terá lugar do 21 ao 27 de xuño, está organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR e pola Universidade de Santiago


|

Fondo marino

Vigo, 14 de xuño de 2015.- A duodécima edición do Simposio Internacional de Xenética en Acuicultura, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración da Fundación CETMAR, impulsará a cooperación tecnolóxica entre os expertos nesta materia e a industria do sector a través de diferentes actividades.


O programa do evento, que terá lugar na universidade compostelá do 21 ao 27 de xuño coa presenza dos principais expertos mundiais en xenética en acuicultura, contempla unha serie accións orientadas a fomentar a participación das empresas que, de forma libre e gratuíta, poderán visitar a área de expositores, asistir a unha mesa redonda sobre transferencia de tecnoloxía ou participar en encontros bilaterais cos maiores expertos internacionais en xenética aplicada á acuicultura.


Tanto a exposición como a actividade de mediación para facilitar os contactos entre investigadores e industria desenvolveranse durante toda a semana. Co obxecto de facilitar a xestión destes encontros, a organización invita a todos os interesados a facer chegar os seus intereses a través da súa páxina web, onde existe un formulario ao efecto.


A axenda do simposio conta ademais cun día dedicado á industria. Será o mércores 24 de xuño, cando terá lugar unha mesa redonda sobre transferencia de tecnoloxía. Durante esta reunión, o secretario xeral da Federación de Produtores Europeos de Acuicultura, Courtney Hough, debaterá con outros expertos participantes na mesa e cos asistentes sobre as prioridades da industria de Europa respecto da investigación en xenética neste sector de actividade.


O comité organizador do ISGA 2015 está presidido polo catedrático Paulino Martínez e formado por membros do grupo de investigación ACUIGEN do departamento de Xenética da Facultade de Veterinaria de Lugo. O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR colabora coa Universidade de Santiago na organización do congreso.


O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, da Consellería de Economía e Industria a través da Axencia Galega de Innovación e do IGAPE e da Consellería de Educación, así como tamén do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e dun nutrido grupo de empresas dos sectores da acuicultura e da biotecnoloxía.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE