CONCELLO DE VIGO

Unha esmagadora maioría absoluta outorga o mando a Abel Caballero en Vigo

Logrou o mellor resultado para o PSOE nunha cidade


|

Abel Caballero pousando co bastón de mando durante a súa investidura 


O socialista Abel Caballero foi investido este sábado alcalde de Vigo entre aplausos e aclamacións do público tras obter nas pasadas eleccións municipais a maioría absoluta. Caballero conseguiu, tal e como estaba previsto, 17 votos a favor do seu partido, despois de que o resto das forzas políticas apoiaran aos seus propios candidatos nunha votación realizada a man alzada.


Tras ser elixido rexedor, Caballero prometeu o seu cargo e recibiu o bastón de mando das mans da integrante da mesa de idade máis nova, Ana Laura Iglesias, edil da lista do PSOE. Uns instantes máis tarde, procedeu á firma das actas de arqueo do concello e dos seus diferentes organismos autónomos.

Na súa intervención tras ser investido alcalde, Abel Caballero agradeceu ao pobo de Vigo "a confianza" depositada na súa figura o 24M e manifestou que "nada hai máis importante para min en política que ser alcalde desta cidade". Previamente, tras constituírse a mesa de idade, xuraron ou prometeron os seus cargos os 27 concelleiros que integrarán a corporación local: 17 do PSdeG, 7 do PPdeG e 3 da Marea de Vigo.

A primeira intervención de Caballero no pleno de investidura, minutos antes da súa proclamación, viuse alterada polos berros de "raspiñeiro e enchufado" dunha sección do público que, finalmente, abandonou o auditorio municipal de xeito voluntario. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
Mis preferencias