Ourense e Vigo, primeiras prioridades da campaña de Feijóo
Os conservadores diseñan unha campaña na que o protagonista absoluto será o presidente da Xunta, que ten previstos uns 50 actos a partir deste xoves pola noite. Rajoy tamén acudirá a Vigo e a súa cidade, Pontevedra.
Os plans dos conservadores pasan porque o presidente da Xunta acuda ás cidades polo menos en dúas veces. A previsión para Alberto Nuñez Feijóo é maratoniana. O PPdeG estima que o seu líder acudirá a máis de medio centenar de actos.
Proba desta carreira é que nas primeiras horas -mañá xoves pola noite- Feijóo inaugurará en Vigo a campañacoa tradicional pegada de carteis na medianoite. Despois o partido tamén organizará un acto de inicio de campaña en Ourense, ao que asistirá o líder dospopulares galegos. O mandatario apoia así a dous dos seus ex-conselleiros. Se ben en Vigo Elena Muñoz ten -segundo as enquisas- moi poucas posibilidades de desbancar a Abel Caballero, en Ourense o PP é optimista. A sucesión de escándalos no Goberno do PSdeG e a división da marea desta capital sitúan a Jesús Vázquez como favorito.
O PPdeG asegura que Feijóo "declinou varias peticións para que participase en actos electorais noutras comunidades autónomas debido ao seu expreso desexo de centrarse na campaña galega e apoiar candidatos do PP galego". Así mesmo, promete que "nesta campaña a axenda de Feijóo non será tan intensa como na época na que o partido non gobernaba a comunidade, posto que a prioridade desde que Galicia lle encomendou o mandato de gobernar é a axenda institucional da Xunta".
Ademais, o PPdeG contará coa presenza do presidente do partido a nivel estatal, Mariano Rajoy, o vindeiro 15 de maio, para asistir a actos en Vigo e Pontevedra, "sen descartar algún outro máis sempre se a súa axenda o permite".
O director da campaña conservadora, Alfonso Rueda, levará a cabo unha axenda de actos de campaña paralela á de Feijóo. O PPdeG é a única forza que presenta aspirantes ás 314 alcaldías de Galicia.
Escribe tu comentario