# Claves de la semana
SANTIAGO DE COMPOSTELA

A “mafia do PP” fixo que o PSOE non teña lista nos 314 concellos

José Luis Méndez Romeu adianta que o seu partido non pactará en ningún concello co PP, “aínda que isto moleste a algún comentarista e tertuliano”. Avanza que haberá pactos independentes en cada vila.


O portavoz parlamentario do PSdeG, José Luís Méndez Romeu, volveu este domingo a insistir nas trabas que tivo o seu partido para presentar lista nos 314 concellos de Galicia e responsabilizou diso ao PP ao que acusou de ameazar a algún dos seus candidatospara que non se presentaran en determinados municipios.


Se non temos lista en todos os concellos é pola mafia do PP que profire ameazas á xente. Negar iso é fariseísmo", dixo nunha entrevist ana Cadena Ser en Galicia na que insistiu en que hai concellos nos que os populares gobernan con maioría absoluta desde hai moitos anos e controlan os resortes de poder. “Nestes núcleos os posibles candidatos alternativos sofren represalias e ameazas", dixo.


Por iso, adiantou que o seu partido non pactará en ningún concello co PP, “aínda que isto moleste a algún comentarista e tertuliano”, dixo en alusión a algunhas reflexións aparecidas en xornais galegos. En todo caso, o dirixente do PSdeG tamén avanzou que o seu partido non impulsará un acordo global para posibles alianzas, posto que estas veranse en cada localidade.


E sobre a aparición de novas opcións políticas, Méndez Romeu mostrouse convencido de que este feito non desbancará ao PSOE como alternativa de goberno e mesmoconsiderou que o sistema político galego non cambiará radicalmente.

Preguntado pola loita contra a corrupción, opinou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pérdese neste asunto na dialéctica, posto que o que quere "é ter titulares mediáticos, propaganda, pero négase a formulacións serias nun tema preocupante" como este. Acerca da falta de diálogo que denuncia o PSdeG, afirmou que Núñez Feijóo vive instalado no seu, por agora, "cómoda maioría absoluta" e, en consecuencia, "a distancia é moi grande, e desgraciadamente nos últimos anos non existiron escenarios nos que puidésemos compartir algo".


Neste sentido, como exemplo as políticas contra o paro, porque "non foi posible falar nin entenderse e non notamos ningún interese do PP para que isto cambie". 

 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE