O destino turístico Galicia será promovido este ano en 46 feiras sectoriais e encontros profesionais, cinco máis que o ano pasado. Así, Turismo de Galicia levará a oferta, os servizos e os produtos turísticos galegos a 33 certames internacionais e 13 nacionais.


Este feito, segundo precisou a Xunta nun comunicado, permitirá a promoción global da Comunidade galega nos distintos mercados mundiais.


Ao longo deste ano, Turismo de Galicia participará nos principais certames turísticos do mundo, entre os que destacan a Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), en xaneiro; a International Turismus Börse (ITB) de Berlín, en marzo; e a World Travel Market (WTM) de Londres, en novembro.

POWERED BY BIGPRESS