A néboa no aeroporto de Peinador, en Vigo, obrigou a desviar durante este venres tres voos da compañía Air Europa procedentes de Madrid ao aeródromo de Lavacolla, en Santiago.
Así o confirmaron fontes de AENA, que explicarn que o primeiro dos voos, que tiña prevista a súa chegada á cidade olívica ás 7,55 horas, tivo que volver a Madrid debido ás malas condicións meteorolóxicas que afectaban o aeródromo vigués e, desde a capital española, despegar de novo cara a Santiago.
O segundo voo, que tiña previsto aterrar en Vigo este venres pola mañá, despegou directamente cara á capital galega debido á néboa que afectaba o aeroporto olívico.
Pola súa banda, o terceiro voo, que despegou da capital española pola tarde, tratou de aterrar en Vigo pero, ao non poder facelo debido ás malas condicións meteorolóxicas, acabou aterrando tamén en Lavacolla.