Como xa adiantabamos onte en Galiciapress, o exsecretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, foi nomeado presidente do Consello Superior de Deportes (CSD) en substitución de Miguel Cardeal, segundo anunciou este venres o ministro de Educación, Cultura e Deportes e portavoz do Goberno, Íñigo Méndez de Vigo, tras a reunión do Consello de Ministros.


José Ramón Lete, exdirector Xeral de Deportes e exsubdirector xeral de Promoción Deportiva da Comunidad de Madrid, cesou este xoves como secretario xeral de Deportes da Xunta, cargo ao que accedeu en 2009, "para pasar a outro destino", tal e como informou a Xunta nun comunicado.


Lete era un dos nomes que aparecía nos prognósticos como posible substituto de Miguel Cardenal, que a semana pasada anunciou que non seguiría no posto, xunto a outros como o Director Xeral de Deportes da Comunidad de Madrid, Pablo Salazar; o exvicealcalde de Madrid Manuel Cobo; ou o alcalde de Guadalaxara, Antonio Román.

POWERED BY BIGPRESS