A selección española masculina de baloncesto en cadeira de rodas xogará este sábado a final dos Xogos Paralímpicos de Río 2016 despois de derrotar en semifinais a Gran Bretaña por 69-63, co que loitará pola súa primeira medalla de ouro paralímpica da historia, xa que o mellor resultado ata agora era o cuarto posto de Atlanta 96.
Dous galegos, Agustín Alejos e David Mouriz disputarán esta noite ese partido “histórico”. Os xogadores son conscientes de que EEUU é a gran favorita, pero aínda así, porán "toda a carne no asador" para levarse o ouro. “O que é seguro é que non imos regalar nada e imos loitar ata o último segundo”, promete Alejos.
A final disputarase este sábado ás 22.30 horas (horario peninsular) contra o vencedor da semifinal entre Turquía e Estados Unidos.