Adestramento do Celta. //Foto: RC Celta


O comezo da Europa League pode servir ao Celta para enmendar o seu mal inicio na competición doméstica, onde leva tres partidos sen sumar nin un só punto e está último, igualado só polo Valencia.


O equipo vigués comezou este luns a preparación do partido contra o Standard Liège, que estreará a súa novena participación en competicións europeas, e esta mañá celebrou o último adestramento a porta pechada antes da viaxe a Bélxica. Mañá desprazaranse e adestrarán pola tarde antes do encontro do xoves.


O Celta ten diante de si a oportunidade de mellorar a imaxe e traer un bo resultado, aproveitando, se cadra, que o adestrador do equipo Belga foi relevado hai só unha semana.


De todas formas, os celestes agardan un calendario apertado con cinco encontros en vinte días, que obrigarán a Berizzo a introducir algunha rotación nos onces. É previsible que manteña, iso si, un bloque principal de titulares.

POWERED BY BIGPRESS