Vehículo provisto de rotulación e rotativo // @APRAFOGA


APRAFOGA vén de denunciar en Twitter que os furgóns de cola de Galicia non están á altura dos de comunidades coma Cataluña, Baleares, Madrid ou Murcia. Os furgóns dos que dispoñen actualmente os Axentes Medioambientais galegos carecen de rotulación e rotativos, aseguran dende a asociación, o cal "dificulta o desprazamento" ata os lugares afectados por incendios forestais, pois "teñen que circular coma un vehículo non prioritario, acatando límites de velocidade e adaptándose ao tráfico nas estradas", cando en verdade están realizando unha labor de auxilio, argumentan. 




Esta falta de identificación desemboca en sendas multas de tráfico, según comentan, que ademais teñen que pagar "do seu propio peto". Din que unha vez recibida a multa si se pode tramitar a abstención a través da tramitación dun prego de descargo coa correspondente xustificación, pero a situación din, podería evitarse coa incorporación aos vehículos existentes da debida sinalización. 


Ademais, dende APRAFOGA quéixanse de que os vehículos que empregan son antigos, o cal, din, "non sería un problema" se non fose porque deben someterse a "reparacións múltiples" e "carecen de aire acondicionado". Por outra banda, ao ser coches "da Xunta" pasan as inspeccións técnicas facilmente "pese aos problemas" que presentan. 



POWERED BY BIGPRESS